galego español english En construccion Tutorial de Perl 5
Índice
| Introducción
| Tipos de
|datos

| Control de
|fluxo

| Entrada/saída
| Expresións
|regulares

| Bibliografía
descarga Descarga

Volver

Perl

Introducción

Perl é unha das linguaxes de programación que máis se estendeu nos últimos anos ó converterse case no estándar de facto da programación CGI na World Wide Web. Foi creado nun inicio como ferramenta de administración para extraer información de ficheiros de texto, preparar informes (o seu nome responde a Practical Extraction and Report Language) e automatizar tarefas. Pronto a súa facilidade para o tratamento de cadeas, portabilidade e rapidez (pese a tratarse dunha linguaxe interpretada) motivaron a difusión que hoxe ten entre os desarrolladores de Internet e, na súa faceta menos coñecida, entre os lingüistas que traballan nalgún ámbito da Lingüística Computacional.

Neste tutorial asumiremos coñecementos xerais de informática e nocións básicas de programación no lector. Basearémonos na versión 5.004 de Perl para Unix, aínda que os programas de exemplo deberían funcionar baixo outros sistemas operativos. Está orientado cara á aplicación lingüística, de maneira que se intentará que os exemplos vaian tamén nesta liña; polo mesmo motivo, obviarase a parte de Perl relacionada con Internet e o CGI, salvo casos puntuais.

Calquera suxestión ou comentario será ben recibido.



dirección Susana Sotelo Docío
HTML 4.0 Valido