galego español english En construccion Tutorial de Perl 5
Índice
| Introducción
| Tipos de
|datos

| Control de
|fluxo

| Entrada/saída
| Expresións
|regulares

| Bibliografía
descarga Descarga

Volver

Perl

Tipos de datos

Perl utiliza diferentes tipos de variables para almacenar os datos; cada variable ten un nome (polo que se referencia) e un valor. A diferencia de outras linguaxes de programación, este tipo de dato que conteñen non determina o tipo de variable, senón que este ven dado polo número de valores que contén.

Variables escalares

Almacenan valores únicos que poden ser números (enteiros e reais) ou cadeas de texto. O nome da variable vai sempre precedido do prefixo $.

$pax = 300;
$titulo = "Manual de Perl 5";
$PI = 3.141599

Como se pode apreciar nos exemplos, as expresións en Perl rematan sempre en punto e coma. Non hai ningunha palabra reservada para inicializar ou declarar variables, e se conteñen unha cadea, esta vai entre comiñas dobres (") ou simples ('). A diferencia está en que as comiñas dobres permiten a sustitución das variables e secuencias de escape incluídas dentro polos seus valores.

print "O título é: $titulo e ten $pax páxinas.\n";
O título é Manual de Perl 5 e ten 300 páxinas.

HTML 4.0 Valido