Raumove é un programa que recoñece automaticamente
o modelo de conxugación de calquera verbo galego e presenta as
súas raíces de acordo coa concepción
morfolóxica na que se basea. Ten basicamente dúas finalidades:
 |
Servir de base para a construcción dun programa xerador de
formas verbais conxugadas para o galego.
|
 |
Inserir as raíces obtidas nunha descrición
morfolóxica formal que permita xerar un analizador de formas
verbais do galego.
|
Nestes momentos está dispoñible unha primeira versión
na que, polo de agora, non se contempla o seguinte:
|
 |
Verbos con doble participio: non ten en conta unha raíz para
o participio irregular (comer: comesto), de
maneira que asigna o modelo sen ter en consideración a
súa existencia.
|
|
 |
Verbos defectivos e impersonais: asígnalle o modelo regular que
se corresponde coas formas verbais correctas sen ter en
conta que pode dar lugar á sobrexeneración.
|
|
 |
Verbos pronominais: o programa só recoñece o infinitivo
sen pronome.
|
Estes erros (e algún máis que poida xurdir)
serán revisados en futuras versións.
Para unha demostración de Raumove, introduza un ou
máis verbos en infinitivo separados por un espacio
(ex. "andar coller ir"):
|